Consejo

 

Benvidos...


En nome do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida PAN DE CEA damosche a benvida á nosa páxina web, que cumple coa función de manter informados aos consumidores e profesionais do sector, para así ofrecer un acceso máis rápido, directo e cómodo a todo o relacionado con este produto de calidade certificada.

Na nosa páxina podes informarte sobre a lexislación que nos ampara, o noso regulamento, metodoloxía de traballo e funcionamento, historia, evolución e características do Pan amparado. Ademais da relación de fornos elaboradores onde podes realizar contactos para o subministro do noso pan..

Tamén aproveitoo esta oportunidade para lembrar aos 17 fornos elaboradores inscritos nos registros de PAN DE CEA, que co seu esforzo e dedicación fan posible que se poda producir e comercializar este pan de moi alta calidade.

Finalmente, na nosa páxina web tes novas relacionadas co PAN DE CEA, enlaces de interese, así como unha dirección de correo para poñerte en contacto con nós a través do servizo de consulta.

Esperando haberche facilitado toda a información que desexabas e agradeciendo a túa visita.

Recibe un cordial saudo.

Carlos Manuel Rodríguez
Presidente do Consello Regulador da I.X.P.Pan de Cea

 

español | galego